• Miles de persoas achegáronse a Curtis, que se engalanou de 1900 para lembrar como eran as feiras de hai un século
  • «É a nosa responsabilidade coñecer a nosa historia, e acollela co orgullo que nos merecemos», sostivo Angel Matogueira, pregoeiro da festa deste ano.

«É a nosa responsabilidade coñecer a nosa historia, e acollela co orgullo que nos merecemos, despois de todo somos os avós dos que dentro de cen anos nos homenaxearán nunha feira como esta». Con estas palabras abriu ‘Curtis na Lembranza, as Feiras de 1900’, Angel Mato, pregoeiro este ano desta festa coa que Curtis lembra como eran as feiras que hai 124 anos, xunto á Estación do Ferrocarril, impulsaron o nacemento do pobo actual.

Angel Mato, Mechanical Enginner no Instituto de Astrofísica de Canarias – que estivo arroupado polas pregoeiras das edicións anteriores; polo alcalde curtiense, Javier Caínzos, e polos organizadores da Feira de 1900, a Asociación de Comerciantes de Curtis- lembrou a súa infancia en Curtis e as súas vivencias ao redor da feira e da estación do tren.

Miles de persoas achegáronse ao pobo de Curtis a unha feira moi animada desde primeira hora da mañá a pasear ao redor da Avenida Principal e as súas rúas adxacentes, onde se instalaron máis de medio centenar de postos artesáns, postos de alimentación e talleres de distintos oficios e obradoiros de alimentación.

Ademais, animaron cálelas actuacións de marionetas, teatro, baile, música, pasacalles e cantares de cego, que axudaron a ambientar e engalanar o pobo de Curtis como fai máis dun século.

A Feira de 1900 incluíu o tradicional Paseo das Mozas, cando as mozas de Curtis vestíanse de festa e percorrían a Avenida Principal camiño do baile, baile que este ano puxo punto e final a este regreso ao pasado na Carballeira.

Pregón íntegro