O pasado 1 de xullo realizouse a presentación da nova edición de Curtis na lembranza “O Reencontro” onde se deu a coñecer a nova cartelería que conta cun deseño moderno e actualizado pero que non perde a esencia da tradición con imaxes de veciños e veciñas do pobo desfrutando nas edicións pasadas da feira que mostran o especial que é ese día para Curtis. Se unha imaxe vale mil palabras, estas dende logo, dino todo!
Recordamos que o pobo de Curtis volverá o vindeiro día 31 deste mes de xullo a principios do século pasado para lembrar como eran as feiras do municipio cando o pobo empezou a crecer ao redor da actividade económica do seu mercado e da estación de tren.
Os organizadores están a traballar para que esta edición volva a ser todo un éxito e para iso instalaránse numerosos postos de produtos artesáns e típicos da terra ao longo das rúas principais do pobo.
A novidade: este ano agradecerase o esforzo e traballo dos asistentes a través dos premios “GRAZAS”
Podes ver o cartel completo AQUÍ.
Síguenos en Facebook e entérate de todas a novidades!