Por segundo ano consecutivo, promovemos os premios «GRAZAS» para agradecer o esforzo e colaboración dos asistentes e veciños/as.
A continuación podes consultar as bases destes premios:
GRAZAS 2º EDICIÓN
• PREMIO AO MELLOR POSTO
• PREMIO AO MELLOR TRAXE
• PREMIO Á MELLOR FACHADA
• AGRADECEMENTO ESPECIAL Á COLABORACIÓN
XURADO:
A puntuación estará repartida en dúas partes:
A primeira cun valor do 50% cun xurado constituído polos membros da Asociación de Comerciantes de Curtis e membros do Concello de Curtis e un xurado invitado.
Por outro lado as votacións dende as RRSS terán un peso do outro 50%. No caso das RRSS, as fotos dos participantes nas categorías Fachadas e Vestimenta subiranse á páxina de Facebook da Asociación de Comerciantes de Curtis ás 12:30 h para votación e cerraránse ás 18:30 horas. No caso dos postos, todos terán un cartel co nome do expositor e un número asignado.
Para votar ao mellor posto, bastará poñer o número de posto en comentarios na publicación destinada a ese efecto.
COMO PARTICIPAR:
• Os candidatos á mellor fachada/ ventá/ terraza / portal deberán enviar foto e ubicación, nome e teléfono de contacto ao correo electrónico: asociacioncomerciantesdecurtis @gmail.com dende o día 30/07 ata as 12:00 do día 31/07/2021.
• As persoas que queiran participar coas súas vestimentas deberán enviar unha foto de corpo completo, nome e teléfono ao correo asociacioncomerciantesdecurtis @gmail.com ata as 12:00 do día 31/07/2021
Todos os postos polo mero feito de exponer están automáticamente inscritos na categoría AO MELLOR POSTO, independientemente do sector (inclúe negocios locais, hostalería e expositores externos).
O recoñecemento especial á colaboración terase en conta a todos aqueles que sendo alleos á organización, colaboran na súa execución.
CRITERIOS A TER EN CONTA:
-A ubicación no tempo que representa na Feira.
-A zona na que está (Curtis)
-A orixinalidad e a autenticidade.
Os gañadores de cada categoría recibirán un trofeo como recoñecemento á súa aportación ao evento nunha entrega pública ao peche da feira.