Os 29 e 30 de xullo regresamos ao pasado
Son os días da nosa cita convosco para rememorar como vivían os comerciantes e visitantes unha intensa xornada de feira a principios do século pasado. Anotade as datas no voso calendario!
Onde nos atoparedes?
No pobo de Curtis. O mercado instalarase ao longo de toda a Avenida Principal -que foi ata 1934 a única vía do pobo- e tamén nas rúas contiguas, incluíndo a Carballeira.
Ambientación
Manteremos o encanto do pobo os días de feira de hai un século ambientando as rúas, postos e comercios. E claro, vestirémonos como outrora, e convidámosvos a que tamén o fagades vós.
Os horarios
Ás 12:00 horas estaremos en movemento e haberá moita troula!
Que descubriredes?
Postos de produtos artesáns e típicos da terra, xogos populares, pasarúas, talleres de distintos oficios e obradoiros de alimentación, a mellor gastronomía, música, baile e exposicións.