A Asociación de Comerciantes de Curtis premia a asistencia á Feira Curtis na Lembranza a través dun sorteo no que podes participar ao longo de todo o día

Cando merques en calquera das paradas da feira, solicita que che den as papeletas correspondentes, cúbreas e deposítaas nas caixas que estarán habilitadas en cada un dos stands.

Unha vez rematada a Feira, procederase ao sorteo público, que se organizará na Carballeira entre as 21.00 horas e as 23.00 horas. Se non estás presente, recibirás unha chamada telefónica para indicarche que fuches agraciado/a.

O premio pódese recoller no comercio DA-MAS, e/ou na joyería PÉREZ en Curtis, onde se entregará un vale para que mercar con él en calquer establecemento que sexa membro da Asociación de Comerciantes de Curtis.

Os premios serán os seguintes:

  1. VALE por valor de 300 €
  2. VALE por valor de 150 €
  3. VALE por valor de   50 €
  4. VALE por valor de   50 €
  5. VALE por valor de   50 €