A Feira Comarcal de Curtis é un dos mercados rurais referentes en Galicia. Con máis de 25.000 metros cadrados de recinto, 4 naves cubertas e acondicionadas e 130 postos de venda, reúne os días 9 e 23 de cada mes a miles de persoas que buscan calidade, atención e profesionalidade.
Nesta feira tradicional con 124 anos de vida comercialízanse produtos locais de primeira calidade: queixo, mel, froita, verduras, hortalizas, así como pan e carne, entre outros, ademais de artigos artesanais, de xardinaría e do sector téxtil, enxoval e decoración. Tamén celebra importantes feiras de gando e de cabalos e acolle a primeira poxa de Galicia de gando frisón de elite para a mellora xenética.
[su_youtube url=»https://www.youtube.com/watch?v=58vXdJ239fw» width=»960″]