Sexan benvidos a 'Curtis na Lembranza, as feiras de 1900'

Amamos os mercados. O de Curtis do século XXI é herdeiro das feiras de hai un século, que se instalaban ao redor da estación de ferrocarril, inaugurada en 1883, e que axudou ao crecemento e á dinamización deste pobo.

Esta feira é e foi xeradora de vida social e económica, pero tamén punto de confluencia de necesidades e de costumes. É e foi lugar de afectos, que converten aos curtienses nos mellores anfitrións, amables e acolledores.

En Curtis queremos lembrar e homenaxear a nosa historia, a das feiras, a dos aromas, a do bulicio, a das voces de vendedores e compradores, a dos tratantes e a dos animais expostos... A nosa mellor tradición.

Convidámoslle a revivir connosco estas sensacións.

Coñécenos mellor
O 30 e 31 de xullo regresamos ao pasado

Son os días da nosa cita convosco para rememorar como vivían os comerciantes e visitantes unha intensa xornada de feira a principios do século pasado. Anotade as datas no voso calendario!

Onde nos atoparedes?

No pobo de Curtis. O mercado instalarase ao longo de toda a Avenida Principal -que foi ata 1934 a única vía do pobo- e tamén nas rúas contiguas, incluíndo a Carballeira.

Ambientación

Manteremos o encanto do pobo os días de feira de hai un século ambientando as rúas, postos e comercios. E claro, vestirémonos como outrora, e convidámosvos a que tamén o fagades vós.

Os horarios

Ás 11:00 horas estaremos en movemento e haberá troula ata ás 22.00 horas. 

Que descubriredes?
Postos de produtos artesáns e típicos da terra, xogos populares, pasarúas, talleres de distintos oficios e obradoiros de alimentación, a mellor gastronomía, música, baile e exposicións.
A feira de 1900 en números
0000000

Visitantes

0000000

Talleres artesanais

0000000

Exposicións

0000000

Espectáculos

0000000

Anos de vida

Actualidade
SEGUNDO ANO DOS «PREMIOS GRAZAS»

Por segundo ano consecutivo,  promovemos os premios «GRAZAS» para agradecer o esforzo e colaboración dos asistentes e veciños/as.   A… Ler máis

Leirabuxo e Odaiko actuarán na “Feira de 1900 – O Reencontro”

Os grupos musicais Leirabuxo e Odaiko actuarán nesta edición especial “O Reencontro” de “Curtis na lembranza- As feiras de 1900”… Ler máis

Xa temos cartel «Curtis na lembranza» edición o especial «O Reencontro»!

O pasado 1 de xullo realizouse a presentación da nova edición de Curtis na lembranza “O Reencontro” onde se deu… Ler máis