Os grupos musicais Leirabuxo e Odaiko actuarán nesta edición especial “O Reencontro” de “Curtis na lembranza- As feiras de 1900” que se levará a cabo o vindeiro 31 de xullo se a situación sanitaria o permite.
RESERVA DE ENTRADAS:
Agardaremos ata os últimos días antes do evento para comunicarvos o sistema de reservas para estas dúas actuacións debido ás posibles actualizacións ou cambios en medidas e protocolos ante a COVID-19. Coma sempre, queremos facer este evento con todas as garantías.
Toda a información publicarase na páxina de Facebook da Asociación de Comerciantes de Curtis e nesta páxina web.
LEIRABUXO
Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da comarca de Melide (A Coruña) arredores do 2010, froito dunha reunión de catro amigos amantes da música tradicional.
Realizan música tradicional galega co instrumentos que nace dun pau de boj, e de aí o seu nome: Leirabuxo.
Nos seus comezos, o proxecto estaba composto por Manuel Varela (acordeón), Román Varela (tamboril), Carlos “Pulgui” Varela (bombo) e Carlos Fandiño (gaita); posteriormente incorporáronse X.Luis Barreiro (gaita), David Fernández (saxo barítono) e as voces de Carla e Lía Rey.
ODOIKO
Odoiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto na cidade de Ourense, onde sempre se aplaudiron a estrea dos seus espectáculos.
Nos doce anos que Odaiko leva enriba dos escenarios, teñen sido 300 actuacións propias e outros proxectos ligados á danza, audiovisual, clásico e didáctica, colaborando sempre con artistas do panorama cultural actual. Os músicos de Odaiko teñen máis de 1.500 concertos ás súas costas, particularidade que os fai moi versátiles.