No 2020 non foi posible voltar ao pasado co xa tradicional evento “Curtis na lembranza-As feiras de 1900” dada a grave situación sanitaria na que nos encontrábamos e que nos sacudíu a todos.
Este 2021, dende a Asociación de Comerciantes de Curtis, coa colaboración do Concello de Curtis, queremos confirmar a realización de “Curtis na Lembranza – As Feiras de 1900”, o día 31 de xullo de 2021.
É unha decisión meditada e apoiada na actual evolución da pandemia coa que se prevé unha situación favorable para esa data.
Habilitaránse todos os medios necesarias para o cumprimento da normativa sanitaria e por suposto, contarase cun estricto protocolo onde se reflexarán as medidas preventivas establecidas polas autoridades competentes, que se irán anunciando según evolucione a situación.
A finalidade é a reactivación do comercio e hostalería local do pobo de Curtis que tan afectados se están a encontrar.
A esencia da feira será a mesma a pesar de que esta non será a quinta edición, senon unha edición especial “O REENCONTRO” onde a programación e a posta en escena sufrirán cambios debido á situación actual.
O evento terá lugar na súa totalidade no exterior.
Tendo en conta a importancia deste evento para o noso pobo, decidimos levalo a cabo con todo o que iso supón para esta Asociación: inmenso traballo, esforzo e sacrificio, polo que apelamos á responsabilidade colectiva.
Traballaremos co obxetivo da súa concreción, pero dependerá da situación epidemiolóxica na que nos encontremos nesa data.
Agradecemos de antemán o apoio de todos os veciños/as a esta evento.
Lembra que para estar ao tanto de todas as novas podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: Asociación Comerciantes de Curtis